O artista naceu en 1980 en Valladolid. Na súa mocidade tiña curiosidade polos malabares e comezou a practicar de forma autodidacta. En 1999 pasou formar parte da asociación de malabaristas da súa cidade "Por los Suelos". Alí puido compartir a súa paixón con outr@s moz@s aprendendo uns d@s outr@s. En 2001 decidiu emprender unha viaxe dun ano por Centroamérica. Alí sobreviviu como artista de rúa, experiencia que o enriqueceu moito, sobre todo a nivel humano. Tempo despois do seu regreso, en 2003, fundou xunto co seu irmán a compañía "The Jazzgling Brothers". O seu espectáculo gañou o premio do Festival Artescena 2008 en Ávila e participou en festivais como Circolmedo 2009 e Titirimundi 2010. Pouco despois a vida fixo que estes dous artistas disolveran a compañía para traballar noutras cousas unha tempada. Aínda así, non perderon o amor polo circo. No 2016 organizaron na súa pequena aldea, Matamala (Segovia), o “I Encuentrillo Serrano de Circo” que se celebrou durante catro anos consecutivos. En 2017 fundan a compañía "Trapecircus" xunto cun terceiro membro, realizando a súa gala circense na provincia de Segovia. En 2019 "Henriko" trasladouse a Galicia, a unha pequena aldea ao sur de Ourense. Na actualidade continúa alí onde desenvolve individualmente o seu proxecto artístico. Durante setembro de 2020, en plena pandemia, Henriko tivo a oportunidade de ensaiar en Bemposta, A Ciudade dos Muchachos, onde tivo o seu primeiro contacto có funambulismo clásico. Isto marcara a súa carreira converténdose na disciplina na que está máis centrado agora mesmo.